SEGUNDO TRAMO


XORNAL


Con motivo da Semana da Prensa o alumnado deseña un xornal con novas do camiño

Norte




ENTROIDO EN GOIÁN

Peregrinos e peregrinas, canteiros construíndo a Catedral, monxes e bispo velando por ela, Templarios protexendo aos camiñantes, a Vía Láctea que indica o camiño, a taíña que se ve ao atravesar o río Miño e produtos típicos ata chegar a Santiago.
Así se festexa o ENTRUIDO no colexio de Goián.



ENTROIDO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker




PREPARANDO O ENTROIDO EN SOBRADA

Alumnado de 5º elaborando os monumentos máis representativos do Camiño e compoñendo e grabando unhas coplas  para o día de Entroido.








Coplas compostas






Letra das coplas de Entroido


O DÍA DE ENTROIDO CHEGOU

Alumnado, profesorado e incluso familias representando o paso do Camiño polo noso concello. 
Había peregrinos,canteiros,monxas,pousadeiros,menciñeiras…








     
 MIRANDO POLO CAMIÑO
REBECA BLANCO ROTEA






O día 10 de abril visitou Sobada Rebeca Blanco Rotea, arqueóloga da arquitectura, e o 28 de abril estivo en Goián.

Veu darnos unha charla sobre os Fortes da Guerra de Restauraçao Portuguesa que temos no noso concello. Esta charla foi posible por estar incritos no Plan Proxecta: Mirando polo Camiño.

As charlas resultaron moi amenas e os alumnos/as amosaron moito interese polo tema. Aclarou moitas dúbidas e puxo en valor o Forte de Amorín, que moitos coñecían pero do que descoñecían a súa orixe e o sistema de defensa que formaba co Forte de Sao Luís Gonçaga na veciña localidade portuguesa de San Pedro da Torre. 
 En Goián centrouse nos sistema defensivo Goián - Vilanova de Cerveira.
Durante a charla descubreunos tamén outros fortes pequenos dos que xa case non queda rastro no lado portugués e incluso algún campamento romano.

Moitas gracias a Rebeca e a Dirección Xeral de Patrimonio por facer esto posible.



 VISITA A SOBRADA: 2ª RUTA

O alumnado do CEIP Pintor Antonio Fernández viaxa ó CEIP de Sobrada para realizar a segunda xornada de convivencia, e a segunda ruta que nos levará dende Sobrada ata o Monte Tetón de Tebra.




No CEIP de Sobrada recibíronos cos brazos abertos e cun baile de benvida, amosándolle moitas actividades relacionadas co Camiño: Bolo do camiño, Exposición de maquetas realizadas polas familias coa temática do Camiño, Robótica en infantil (os escornabots fan o camiño), Exposición de monumentos que se poden atopar na ruta con vídeos explicativos que podían verse a través dos códigos QR e ata realidade aumentada que daban outra visión de tales monumentos
Por último, tiveron que sellar as credenciais que demostren o seu paso polo Camiño.




ROBÓTICA  EN  INFANTIL





O alumnado de educacón infantil de Sobrada realizou unha actividade de robótica, en onde uns escornabots realizaban o camiño e ían parando en distintos sitios onde a través duns vídeos grabados por eles explicábanlle distintos aspectos do camiño de Santiago: Que leva o peregrino na súa mochila, como se pode facer o camiño, monumentos que podemos ver na ruta, especies arbóreas, sinais do camiño e ata a receita da tarta de Santiago.






MONUMENTOS  DO  CAMIÑO

Algúns dos elementos arquitectónicos do camiño por Tomiño foron recreados en debuxos polos alumnos:









Posteriormente crearon estes vídeos que se enlazaron con códigos qr, sobre algunhas das figuras do antroido que representaban elementos arquitectónicos do Camiño por Tomiño. Tamén se fixo unha maqueta e vídeo da catedral de Santiago, pero da súa fachada románica. Os vídeos foron creados coas ferramentas gratuitas da maqueta abalar e cos seus ordenadores, o que dificulta máis se cabe a creación.


CRUCEIROS

 

SANTA Mª DE TOMIÑO



HOSPITAL - POUSADELA


SANTA Mª DE TEBRA


TORRE DE TEBRA

PETRÓGLIFOS DO TETÓN

CATEDRAL DE SANTIAGO





BOLO PEREGRINO DO CAMIÑO POR TOMIÑO




Achegámosvos a receita do Bolo Peregrino por Tomiño que degustamos na xuntanza do día 4 de abril.

RECEITA DO BOLO PEREGRINO POR TOMIÑO



Pesar ovos, e o mesmo peso engadilo de fariña, manteiga e azucre (nos de azucre sempre poñemos menos, por exemplo se os ovos pesan 150 gramos poñemos 100 de azucre). Bater todo e poñer no molde untado de manteiga para evitar que se pegue ou sobre papel de forno. Levar ao forno prequentado a uns 180º e manter máis ou menos durante 25 minutos, para eses 150 gramos, se o peso dos ingredientes e maior pois máis tempo.

No caso dos celíacos a fariña é de millo e manteiga sen glute. No outro fariña de trigo e manteiga normal.



Polo exemplo anterior: 3 ovos +- 150gr. , 150gr de fariña, 150 de manteiga, 100 de azucre. 








LIMPANDO TRAMOS DO CAMIÑO








1ª parada: ponte e igrexa de hospital







2ª parada: carballo centenario de vilameán








Espantallos do vento no camiño

Ó longo do percorrido puxéronse espantallos realizados polo alumnado, actividade relacionada co proxecto “O retorno dos coidadores das hortas ó Camiño portugués do Norte”




3ª parada: santa mª de tebra


En Santa Mª de Tebra paramos a comer. Despois realizamos as actividades de medida de árbores e da búsqueda do tesouro, mentras o alumnado do CEIP de Sobrada nos contaba cousas interesantes da igrexa de Sta. Mª de Tebra.





SUBIDA Ó MONTE TETÓN


TALLA LÍTICA

Xa no monte Tetón, vimos unha demostración de talla lítica a cargo de Manuel Ledo.




         PETRÓGLIFOS DO MONTE TETÓN

Como remate da saída puidemos visitar os petróglifos deste monte, coñecendo máis curiosidades deles gracias á colaboración do experto Xosé Lois.





CARTAS QUE VAN E VEÑEN

Aquí podedes ver un vÍdeo das cartas dos nenos/as do colexio C.E.I.P Pintor Antonio Fernández.
Esperamos que vos guste este video!!



IMAXES  DO  CAMIÑO


Traballo realizado polo alumnado de 5º no taller de plástica baseándose en imaxes que se poden ver no tramo do camiño que pasa por Tomiño.

2 comentarios:

  1. Parabens por todo o traballo, deseño, coreografía, representación, escenografía, montaxe e todo o esforzo que hai detrás desta actividade.Felicidades a Sobrada!!!

    ResponderEliminar
  2. Pois anda que os de Goián. Tremendísima catedral que construíchedes!!! Impresionante,impresionante!!! Por non falar de todo o traballo realizado no 1º tramo.
    A seguir así! Parabéns a Goián!!!

    ResponderEliminar