TERCEIRO TRAMO

TOPONIMIA DE SANTIAGO

Vídeo sobre as fichas de toponimia do percorrido 
que faremos por Santiago.


Toponimia Santiago - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


INFORMACIÓN SOBRE A TOPONIMIA 
DAS PRINCIPAIS PORTAS, RÚAS 
E PRAZAS DE SANTIAGO


 

 

 AMIGANDO



Vídeo creado polo alumnado de un conto sobre a amizade arredor do CAMIÑO.










MURAL  TOMIÑO  NO  CAMIÑO




Mural realizado no exterior do CEIP de Sobrada polo alumnado de sexto de primaria, coa colaboración do pintor tomiñés Basilio Calzado.


ULTREIA ET SUSEIA 

 (máis alá e máis arriba)

Os peregrinos ao cruzarse saudábanse con esta frase, nos fixémolo: fomos máis alá e máis arriba.
 Logo de todo o curso traballando, o día 12 de xuño fixemos a última xornada do proxecto: a viaxe a Santiago con 300 superalumnos (dos tres aos doce anos).

Chegamos nunha mañá de choiva que refrescou as varias xornadas de calor anteriores e visitamos diversos lugares de Santiago, repartidos en grupos:


Infantil, primeiro e segundo ao Museo das Peregrinacións


Moitas gracias as monitoras do museo que achegaron os contidos as idades do noso alumnado.

Terceiro ao Parlamento de Galicia:



“A nosa casa”, como nos comentou Xosé L. Rivas (Mini), parlamentario do BNG que sorprendemos traballando no Parlamento e que nos dedicou unhas palabras moi agarimosas. Agradecerlle tamén a a súa acollida e o bo facer amosando o Parlamento a Higinio Estévez .
 


 Cuarto: visitaron o Museo Pedagóxico de Galiza. O noso agradecemento aos monitores que nos guiaron durante a visita.


Quinto e sexto visitaron San Martiño Pinario, temos que agradecerlle a D. José Otero responsable do espazo cultural do mosteiro entre outras cousas que gracias a el puidemos comer baixo cuberto.


Logo de comer no Mosteiro de San Martiño Pinario, os distintos grupos foron facer visitas polas rúas de Santiago e a Catedral que deixou impresionado ao alumnado. Antes de volver a casa, foto na praza do Obradoiro.



 Temos que agradecerlle especialmente a Manuel Chaín e Paz Varela da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de BBCC as xestións que fixeron, pois sen a súa axuda non teriamos acadado unha xornada tan perfecta coma a que tivemos.




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario